Bandeira de Córsega
Bandeira de Córsega | |
---|---|
Características | |
Uso | |
Proporción | 2:3 |
Adopción | 1755 |
Cores | Negro Branco |
A bandeira de Córsega (en corso: bandera di a Corsica) foi adoptada polo Xeneral da Nación Pasquale Paoli en 1755 e estaba baseada na bandeira tradicional utilizada anteriormente. Representa unha testa moura (U Moru, en corso: o mouro) de cor negra portando unha venda branca na fronte nun fondo negro. Previamente, a venda cubría os ollos, mais Paoli modificouna para situala na fronte para simbolizar a liberación do pobo corso.
Foi usada pola República de Córsega e foi prohibida despois de 1769, cando Francia tomou posesión da illa que anteriormente estaba gobernada pola República de Xénova par pagar unha débeda pendente e acabar coa rebelión endémica na illa. Usouse como bandeira oficial cando o Reino Unido ocupouna en 1793. Caeu en desuso até 1980, cando se adoptou de novo como bandeira rexional.
A cabeza de mouro tamén aparece no Escudo de Armas de Córsega, así como na bandeira e o Escudo de Sardeña.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Gelre Armorial, Folio 62r, século XIV.
-
Bandeira de Córsega antes de 1755.